miércoles, 24 de julio de 2013

NINGUNHA AMPLIACIÓN NIN MELLORA DA FP PODE SER INCOMPATIBLE CON ESO E BAC




As MERCEDES, a 16 de Xullo do 2013: A plataforma en Defensa do IES AS MERCEDES pide a Dimisión ou Cese do Director Xeral de FP

Acabado o período de admisión  e xa iniciándose a matrícula nos ciclos de Formación Profesional, os datos revelan o que xa esta PLATAFORMA EN DEFENSA DO IES AS MERCEDES viña manifestando dende o momento en queo Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa daba a coñecer , a través dos medios de comunicación, a oferta prevista para o novo CIFP de Lugo:  ese novo ciclo innovador ciclo superior “DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE INSTALACIÓN TÉRMICAS E DE FLUÍDOS”  co que se quere xustificar o peche do IES AS MERCEDES (e que a Delegación Territorial parece querer converter en desmantelamento)  non ten demanda  e así o pode ver calquera  consultando a listaxe de admitidos na páxina da Xunta: http://www.edu.xunta.es/fp/listaxes_definitivas_admision_2013 e http://www.edu.xunta.es/fp/sites/fp/files/fp/Admisi%C3%B3n/2013/listaxes%20definitivas/listaxe_def_solicitudes_gs_ordinario.pdf

A continuación os datos extraídos das listaxes da páxina da Xunta:

Número de opción
Número
Titulación de acceso
Primeira opción
1
Proba de acceso a ciclo superior
Segunda opción
8
Proba acceso a ciclo superior: 1/ BAC, 6/ Titulado Universitario: 1
Terceira opción
6
BAC: 5/ Titulado Universitario: 1
Cuarta opción
4
Probas de acceso a ciclo superior: 2 / Título Técnico Superior: 1
Quinta opción
3
Probas de acceso a C. Superior: 1 / Tít. Técnico superior: 1 /Tít Univ: 1

En resume, que, de 22 alumnos que solicitan este innovador ciclo, só un alumno o ten solicitado como primeira opción. 

Conclusión 1: habida conta que o ciclo de transporte a distancia non require amplíar espazos e de que o novo ciclo de Marketing e Publicidade (LOE) non fai máis que duplicar (irracionalmente) a oferta que existía no IES AS MERCEDES  co ciclo superior de Comercio e Marketing (LOGSE), estes datos sobre o novo ciclo Superior de “Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos” demostran por si sós que este innovador ciclo para nada xustifica pechar e desmantelar un Instituto Público de Ensino Secundario (o segundo que se pecha en Lugo) e demostra tamén que, se o que se trata de lograr coa creación de novos Centros Integrados de Formación Profesional é acercar a oferta e a demanda no ámbito de formación profesional, esta Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa non fixo informe previo algún ao respecto e, por riba, está a andar un camiño que, como nós manifestamos dende o inicio, é totalmente equivocado.

Se esta oferta no ámbito da FP non pode xustificar a supresión do IES AS MERCEDES, tampouco se pode xustificar este peche en base a unha hipotética formación ocupacional, cando, a menos de 300 metros, dispón a Xunta de Galiza dun Instituto de Formación Ocupacional, idoneamente dotado e equipado, absolutamente infrautilizado.

Conclusión 2: nunha Administración que ten a obriga (constitucional) de ofertar un ensino público de calidade e de administrar, para elo, de forma eficiente os recursos humanos, económicos e de infraestruturas á súa disposición (e con maior razón neste tempo de crise), non deben poder consentirse unha decisión arbitraria deste tipo E SERÍA, POIS, ABSOLUTAMENTE DESEXABEL QUE ALQUÉN EMPEZASE POR CESAR AO SR. DIRECTOR XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA.

Nestes datos hai razóns dabondo para este cese (ou dimisión): estamos seguros que cando recibamos do Xulgado a documentación completa sobre a que se fundamentou esta decisión pode que haxa moitas máis e máis concretas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario