miércoles, 24 de julio de 2013

Aquí están os datos reais:



                Coa publicación na páxina electrónica da Consellería de Educación das listaxes de prazas liberadas, abriuse onte, día 23, o período de matricula de segunda adxudicación para ciclos de grado medio e grado superior de Formación Profesional.  E, de novo, estas listaxes  e estes datos veñen a demostrar que os informes da Consellería de Educación sobre a demanda educativa no ámbito da Formación Profesional ou non existen ou están moi desacertados, pois, nese innovador ciclo de grado superior de Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos non se teñen cuberto en primeira e segunda adxudicación máis que unha praza, ofertándose agora liberadas  as  21 prazas restantes: ou sexa que, polo de agora, fora do alumno  que tiña solicitado este ciclo como primeira opción (1), ningún dos solicitantes como segunda (9 alumnos), terceira (6 alumnos), cuarta (3 alumnos) e quinta  opción (3 alumnos), tén optado por matricularse neste ciclo. A continuación os datos para o CIFP As Mercedes, extraídos da páxina da Consellería de Educación:


Matriculados
Prazas Libres
CIFP As Mercedes  (Lugo)
1
9
6
3
3
--
--
1
21

                Se este resultado, por si mesmo, mentres hai listas de espera nos ciclos de automoción e de eficiencia enerxética,  xa ben merece dalgunha explicación por parte da Consellería de Educación, con máis razón cando, -a marxe dos informes sobre necesidades educativas que terían que ter previamente feito-, na Dirección Xeral de Formación Profesional lles tiña que ser de sobra sabido que este ciclo de Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos nin sequera no IES Universidade Laboral de A Coruña se da cuberto con alumnos de primeira opción. A continuación os datos para o IES Universidade Laboral de A Coruña, extraídos da páxina da Consellería de Educación:


Matriculados
Prazas Libres
IES Universidade Laboral  (Coruña)
11
6
16
12
8
11
5
21
1

                Ao optar por un ciclo de tan escasa demanda  (escasa,  non por falla de información  sobre o mesmo entre o alumnado, senón- tal como llo ten explicado esta Plataforma ao mesmo Director Xeral de FP-, polas súas ben escasas saídas profesionais ao tratarse dunhas competencias moi específicas que ademais coinciden coas de outras titulacións cun abano de saídas máis amplo), ao non ampliar a oferta de formación profesional inicial dos PCPI (para alumnos que acaban a escolarización obrigatoria sen títulos da ESO) cando o ciclo de PCPI existente (da familia de automoción) ten que pasar á modalidade B (con clases de comúns nalgún dos outros  IES da cidade), a Dirección Xeral de Educación está a demostrar que o peche do IES As Mercedes, nada ten que ver coa necesidade de ampliar a oferta educativa na FP, senón máis ben con recortes  na educación pública que automaticamente se trasvasan aos centros concertados da privada.

                Cando baixo a xustificación da urxente necesidade de ampliar en 100 prazas a oferta de Formación Profesional se pecha un Instituto Público de Ensino Medio nunha zona de continuado crecemento da súa poboación escolar e destas 100 prazas ofertadas,
-          50 prazas son para un ciclo superior a distancia (transporte e loxística);
-          30 prazas veñen a ser (Ciclo Superior de Marketing e publicidade) a adaptación á nova normativa LOE do ciclo de normativa LOGSE xa existente (Ciclo Superior comercio e marketing), e
-          22 prazas son nun ciclo que,  como primeira opción, só tivo unha solicitude e unha sola matrícula en segunda adxudicación, esta plataforma entende que, como cidadáns que cos nosos impostos pagamos os salarios e os gastos da Administración, todos nos merecemos, antes de nada, unha explicación. E tamén nos merecemos, por suposto, que quen ten tomado unha decisión deste tipo non continúe por máis tempo nun cargo de responsabilidade. Os cidadáns que sufrimos estes erros non nos merecemos ningún erro máis. O Sr. Corredoira non debera continuar, pois, nin un día máis ao cargo da Dirección Xeral de Educación, de Formación Profesional e Innovación Educativa. E, mentres tanto, non dimite algún dos responsábeis desta decisión de pechar un Instituto Público sen outra xustificación que a mentira de necesitar ampliar a oferta de FP, é de mísera

No hay comentarios:

Publicar un comentario